Como traballar os glúteos en Máis que Auga

29/12/2019

Traballar os glúteos era, ata hai uns poucos anos, unha tarefa na que se centraban principalmente as mulleres e por razóns estéticas. Pero o certo, é que hai moitos máis e importantes motivos para facer un tratamento específico desa zona. Estes músculos estabilizan a cadeira, melloran a eficacia do movemento das pernas e reducen os problemas de costas. Por iso, son exercicios recomendados para homes e mulleres.

Non vos perdades este artigo do País respecto disto, no que destaca a importancia destes músculos para moverse con axilidade, evitar problemas de costas, aumentar o rendemento en moitos deportes, etc. E por suposto, sen esquecer tampouco os motivos estéticos. Ata hai pouco o obxectivo fundamental era evitar as cartucheras ou reducir a celulite, aínda que agora tamén se traballar para aumentar o tamaño dos mesmos, seguindo a estética marcada por personaxes como as  Kardashian.

En  Máis que Auga, como sempre, contades co asesoramento dos nosos técnicos para que vos indiquen os exercicios máis recomendables e a súa frecuencia. Neste vídeo ensinámosvos a nova máquina de Hip Thrust que temos no noso centro de Navia para exercitar os glúteos e femorais. Ademais, os recomendamos outros exercicios moi sinxelos para fortalecer esta zona do corpo: Patada de glúteo con máquina, pasos laterais con goma e patada de glúteo con goma.

Exercicios para os glúteos