O adestramento negativo de eGym é único e fundamental para mellorar a forza

15/11/2019

O circuíto de forza  eGym non deixa de sorprendernos! Canto máis o coñecemos, máis nos gusta, xa que nos ofrece variables que non existen noutras máquinas.

 

Hoxe queremos falarvos do adestramento negativo en  eGym. Nun adestramento normal as cargas son iguais na fase de elongación que na de contracción. Ao facer adestramento negativo as cargas e o tempo son diferentes da fase concéntrica á excéntrica ou negativa. Desta forma, na fase positiva a resistencia é menor e na negativa as máquinas de  eGym aumentan o peso e o tempo de realización de forma automática. E todo iso, dentro da mesma serie de traballo, polo que os efectos do adestramento son moito máis eficaces e a execución, segura. Ademais, a través da pantalla irás seguindo a curva de adestramento, o que simplifica a execución do exercicio.

 

Para que serve o adestramento negativo? Para aumentar a forza, mellorar a flexibilidade muscular e ademais é un traballo moi recomendable para a prevención e recuperación de lesións. Os beneficios son evidentes, pero o adestramento negativo sen o circuíto  eGym é un tipo de traballo moi difícil de executar, mentres que este sistema, ao ser automático, garántenos un traballo seguro e controlado.

 

Contalo é complicado, o mellor é que o probes e así gozarás dun circuíto de adestramento profesional, moderno e efectivo.

 

Que é o circuíto  eGym? No mes de setembro chegou a  Máis que  Auga  Coia o equipo de adestramento de forza  eGym, un sistema dixital, totalmente electrónico e conectado.

 

Na túa primeira sesión, os nosos técnicos axudaranche para que coñezas as máquinas e o seu funcionamento.  Seleccionaremos cal é o obxectivo do teu adestramento (fitness en xeral, adelgazar, aumentar masa muscular, rehabilitación,  tonificación e rendemento) e despois de facer un test de forza en cada unha das máquinas, estas indicarannos onde hai desequilibrio muscular e cales son os exercicios recomendados. Este test repítese regularmente para que o volume de adestramento se adapte de forma continuada ao longo do tempo.