Abrimos as portas á revolución tecnolóxica no fitness con eGym!

22/09/2019

Chegou o día! Desde hoxe luns 23 de setembro podedes gozar en Máis que Auga Coia do circuíto de máquinas de forza máis tecnolóxico e revolucionario do mercado: O circuíto  eGym!

 

Este novo equipamento dispón dun set central na sala fitness de  Coia. Como poderedes comprobar contamos con 8 máquinas  eGym para realizar un adestramento dixital, electrónico e conectado. Acabáronse as lesións por posturas incorrectas ou máis peso do debido, xa que a máquina adapta o peso do adestramento de forma automática. E non pensedes que este circuíto é só para as persoas cun alto nivel de adestramentos… A máquina realiza unha análise do teu corpo e adapta os adestramentos aos teus obxectivos e as túas condicións físicas. Por iso, é un instrumento espectacular tanto para os/ as que comezan como para os máis avanzados.

Iso foi o que hoxe foron descubrindo algúns dos nosos abonados, que tras coller cita foron probando o circuito. Así Guillermo Barreiro, de 73 anos, quedou encantado tras facer a proba e xa se apuntou para seguir traballando. “Parécenme unhas máquinas espectaculares que te axudarán a evitar lesións e facer as cousas ben”.  O obxectivo fundamental para Guillermo está moi claro: “Ter calidade de vida! Fixen moito deporte durante toda a miña vida, e agora quero manterme ben, xoven e guapo”, chancea. Pola súa banda, Nicolás Mosquera pensa que pode ser un bo complemento para o seu adestramento diario: “Eu veño todos os días ao ximnasio. Me desestresa adestrar!, e Carmen Fontenla tamén fixo a proba e decidiu aproveitar a oferta de lanzamento: “Me parecen unhas máquinas moi completas que me van a axudar a estar ben físicamente”.

 

Ademais coa aplicación  gratuíta eGym Fitness App, podes comprobar os progresos e a mellora nos tests realizados e mesmo competir cos teus amigos.

 

Se estás interesado en probalo, tes que coller a túa cita na recepción de  Coia. Despois, cando chegue o teu momento, acompañado polos nosos técnicos, poderás coñecer o funcionamento do sistema eGym. Comezaremos por seleccionar cal é o obxectivo do teu adestramento (fitness en xeral, adelgazar, aumentar masa muscular, rehabilitación,   tonificación e rendemento) e despois de facer un test, a máquina indicarache onde hai desequilibrio muscular e cales son os exercicios recomendados para ti.

 

Lembrade que a oferta de lanzamento do circuíto eGym é de 19,90 euros/ano! Esta oferta finalizará o próximo día 18 de outubro. Despois, o prezo deste servizo será de 24 euros/ano. Para abonad@s Máis que Auga.