Esta tempada teremos en Navia o Escáner 3D Styku

03/09/2019

A tempada está a piques de comezar e con ela sempre incorporamos novidades para compartir con todos vós. En Máis que Auga Navia estrearemos o Escáner 3D Styku, que nos permitirá realizar un escaneo do corpo en tres dimensións en só uns segundos.

 

Este servizo permitiranos ver como cambia o corpo durante o período de tempo no que se estea a traballar. Ata agora utilizábamos a báscula de bioimpedancia, que tamén mide graxa, auga… pero non ofrece unha imaxe real. Co Escáner Styku poderás ver como evoluciona o teu corpo a medida que avanza o adestramento, as dietas ou os procesos de recuperación. Son moitas as aplicacións nas que esta medición corporal  pode ser útil.

 

O aspecto é similar ao dunha báscula normal, cunha cámara enfronte. Así realizamos un escaneo do corpo en 3D. En só 35 segundos, Styku extrae millóns de medicións de unha precisión de 2 milímetros e reconstrúe o corpo en 3D. Desta maneira coñeceremos cal é a composición corporal con gran exactitude. Con estas medicións podemos ver cambios na forma do corpo, calcular métricas do estado físico e saúde e moito máis.

 

Do 9 de setembro ao 10 de novembro ofreceremos este servizo, que estará situado na sala fitness,  de forma gratuíta, e a partir do 11 de novembro comezarase a cobrar. A partir do 22 de setembro será con cita previa e xa na cabina de tratamentos. Se neste período de oferta, alguén xa se fixo un escaneo e quere repetir, o segundo terá que pagalo. O prezo para os abonados será de 15 euros, mentres que para el resto será de 20 euros.  Ademais haberá a posibilidade de mercar bonos de 5 escaneos (80€/bono para non socios / 60€/bono para socios), así como algunha outra promoción con determinados servizos contratados (adestramento persoal ou Programa Activo de Control de Peso)