Dieta saudable para o deportista no verán

22/07/2019

Afecta a climatoloxía á hora de adestrar? Sen ningunha dúbida! Por iso  as e os deportistas deben adaptar os seus adestramentos e a súa dieta á época do ano na que se atopen. Agora, en pleno verán, hai que cumprir unhas pautas básicas para seguir adestrando e rendendo ao máximo nivel.

              Beber moita auga. A  hidratación antes e despois das sesións de traballo son fundamentais no verán, porque coa calor hai unha maior  sudoración e pérdense minerais e auga.

              Comidas lixeiras e frescas. No verán, o mellor é apostar por comidas tépedas ou frías, e que sexan lixeiras.

              Froitas e verduras. Incorpora á túa alimentación froitas e verduras frescas.

 

Na ligazón tedes un artigo coas pautas básicas a seguir en canto á dieta na época estival.