Vive o verán con Máis que Auga!

25/06/2019
Chega o verán, a calor, as vacacións… Pero Máis que Auga continúa! Non nos imos de vacacións, quedamos para acompañarvos na época estival e ofrecervos outra alternativa máis para o tempo de lecer. Iso si, cambian os horarios, polo que vos aconsellamos que os consultedes para non perdervos nada! Porque hai moito que vivir!
En Máis que Auga Navia temos cursos intensivos de natación para nen@s. Son semanais e teñen unha duración de cinco días (1 hora ao día).
  • Para os maiores, teremos Pilates, Pilates Reformer e Hipopresivos, entre outras actividades.
  • Ademais, durante o verán hai clases gratuítas en piscina, ás que só teredes que apuntarvos.

En Máis que Auga Coia ofertamos os cursos intensivos de piscina para os pequenos reis da casa e, tamén para eles, contamos con clases de  wodfit  kids e zumba  kids pola mañá.

Pero non só pensamos nos pequenos! Haberá un pouco de todo:

  • Para as embarazadas, clase de  Fitmon e despois do parto,  Fitmon Post.
  • Para tod@s, hipopresivos e clases gratuítas en piscina.

Máis que Auga Barreiro. Como nos outros dous centros, haberá clases gratuítas en auga.  Ademais estrearemos unha nova actividade: Fitness  express en auga: actividades de 20 minutos dinamizadas por un técnico,  onde lle poderán sacar o máximo partido a un adestramento curto pero eficaz e divertido.

E que máis?

  • Clases de Pilates e  Hipopresivos.
  • Clase de MQ Latino ( ou  luns)
  • Wodfit kids e  junior para nenos.