XORNADA DE PORTAS ABERTAS EN MAIS QUE AUGA.
O 6 de Abril é o día Mundial da Actividade Física, ven a Mais Que Auga suar a camiseta.
#actividadefisicamaisqueauga #activatemaisqueauga
A Organización Mundial da Saúde (OMS) decidiu durante a 54.ª Asamblea Mundial da Saúde no 2002 que o Día Mundial da Saúde tería como tema a promoción da actividade física e, desde entón, a OMS mantivo este tema como un evento permanente.
Esta conmemoración comparte a misión de Máis Que Auga, que é “asesorar e promover a participación dos seus usuarios nas diferentes actividades deportivas, co fin de mellorar a súa saúde e a súa condición física nun contorno afectivo e social, e tamén de atinxir a excelencia na súa satisfacción”.
OBXECTIVO DA XORNADA:
Abrir as instalacións deportivas municipais a toda a ciudadanía de Vigo.
Inculcar na poboación hábitos de vida saudables.
Fomentar a práctica de actividade física.
Contribuír na loita contra o sedentarismo e contra a obesidade infantil.
EN QUE CONSISTE?
Necesaria inscrición previa, presentación no momento do acceso o mail de confirmación.
Portas abertas nos tres centros, de 16:30 h a 20:30 h.
Uso libre da instalación (auga, spa e sala fitness).
Actividades dirixidas (auga, seco e pádel).
Prazas limitadas.