Na Academia de Pádel Máis que Auga propoñémonos unha vez máis que este ano, sí ou sí, probes o pádel. Non podes rexeitar o que che ofrecemos na semana do 15 ao 21 de xaneiro: clases gratis durante unha hora, sexas ou non sexas socio das instalacións. As clases están impartidas polos adestradores profesionais da Academia de Pádel Máis que Auga e se desenvolven nas pista 2 de Barreiro e na pista 8 de Navia. Nas clase enseñámoste a metodoloxía e dámoste o nivel de pá no que estás para que podas apuntarte aos cursos.
As clases están abertas para nenos (dende os 4 anos) e adultos de todas as idades e para todos os niveis. Os máis pequenos se reparten por idades (prepádel, minipádel, pádel junior) mentres que as clases de adultos se organizan según o nivel: iniciación, intermedio e avanzado. Non te perdas esta oportunidade de coñecer un deporte da man dos mellores profesionais. Lembra que o pádel é un deporte moi completo para os máis pequenos mentres que para os adultos supón un rato de ocio moi importante para compartir con amigos
Para apuntarte ás clases só tes que premar este botón e inscribirte. Non perdas tempo porque as prazas son limitadas!
Máis que Auga conta en Vigo coas mellores pistas de pádel con dous complexos nas instalacións de Barreiro e Navia. Nas instalacións de Máis que Auga Barreiro hai 8 pistas de pádel: 1 de muro cuberta, 4 de cristal cubertas e 3 de muro descubertas. Todas son pistas regulamentarias, con 4 portas, pista central de competición e protexidas dos ventos laterais,
O complexo de Máis que Auga Navia conta con 8 pistas de pádel cubertas de cristal panorámico (7 dobres e 1 individual). A instalación ten 12 metros de altura e céspede de última xeración e iluminación ledtamén de última xeración. Os vestiarios son exclusivos para os usuarios do complexo de pádel.
A Academia de Pádel Máis que Auga xestionada por 13 adestradores conta con 700 alumnos e máis de 2.000 persoas participan a diario nalgunha das actividades que ofrece.