Aínda non tes plan para a ponte da Constitución e es dos que, coma nós, te quedas en Vigo? Propoñémoste que te apuntes ao Clinic de Pádel que celebra a Academia de Pádel o día 6 e o día 8 de decembro nas instalacións de Máis que Auga Navia.
Esta é unha boa oportunidade para mellorar as túas habilidades de xogo traballando técnicas e tácticas específicas coma posicións , desprazamentos e golpes.
O horario e de 17.30h a 19.30h e as clases, por suposto, estarán divididas por niveis (amarelo, laranxa e verde) cun mínimo de 12 alumnos por nivel. Durante estas dúas horas 80 minutos están adicados á clase e os 40 restantes á práctica do que se aprendeu.
O prezo é de 15,35 euros ao día para abonados e de 18,35 euros ao día para os que non son socios de Máis que Auga. Se xogas ao pádel pero non es socio de Máis que Auga o Clinic é un bo momento para que probes as nosas pistas de pádel, as mellores de Vigo. Pero o máis importante é que podes perfeccionar o teu xogo cos mellores adestradores xa que contamos cun equipo ao máis alto nivel.
Para inscribirte prema neste botón: