DO 7 AO 13 DE SETEMBRO COÑECE GRATIS A ACADEMIA DE PÁDEL MÁIS QUE AUGA COA SEMANA DE PORTAS ABERTAS

03/09/2020

A Academia de Pádel Máis que Auga celebrará do 7 ao 13 de setembro a Semana de Portas Abertas, na que tanto nenos como adultos poderán recibir clases de balde nas instalacións de Barreiro e Navia. Se queredes coñecer o pádel con Máis que Auga, tedes que inscribirvos canto antes na páxina web de Máis que Auga porque son prazas limitadas.

 

Estas clases están dirixidas a todo tipo de público, dende as persoas que nunca practicaron pádel a xogadores/as xa iniciados,  que poden ter interese en acudir á academia. En que consistirá? Será unha clase, con adestradores/as da nosa academia, todos eles titulados,  que os permitirá coñecer a nosa metodoloxía de traballo. Esta actividade desenvolverase nos niveis de iniciación e intermedio para os adultos e tamén de nenos/as. Por suposto, cumpriremos o protocolo de prevención polo COVID-19, con respecto as medidas de distanciamento social, xel hidroalcohólico e máscaras para acceder ás instalacións. Precisamente o pádel é un dos deportes aos que se lle permitiu regresar antes á actividade, xa que non hai contacto, os xogadores contan con moito espazo (catro persoas en 200 metros cadrados) e ademais xogase ou ben ao aire libre ou en espazos ventilados.

 

Para apuntarvos á Semana de Portas Abertas debedes realizar a inscrición a través da  páxina web de Máis que Auga, indicando días e horarios preferentes, para poder organizar as clases.  Aquí tedes o enlace para realizar a inscrición.

Con esta acción, Máis que Auga pretende dar a coñecer aínda máis un deporte cada vez máis instalado na nosa cidade, por ser unha actividade deportiva e de ocio, para compartir con familia e amigos e sen que sexa necesario ter unha gran preparación física. Animádevos a probar!