Máis que Auga Navia abre a inscrición de socios

22/08/2015

 

Máis que Auga comeza ás 00.00 horas do luns 24 de agosto (na noite do domingo 23 de agosto) o proceso de inscrición de socios para a súa nova instalación de Navia, que entrará en funcionamento a mediados de setembro. A inscrición na nova instalación realizarase so a través da web da empresa (www.maisqueauga.com), por un procedemento sinxelo dende a propia portada ou o apartado Faite socio.  Como oferta de lanzamento, Máis que Auga regala o custe íntegro da matrícula aos 500 primeiros clientes que se apunten como socios en Navia. Ademais os 2.000 primeiros socios recibirán como agasallo un garda-todo, para ter protexidas as pertenencias mentres realizan deporte.

 

Dende o 31 de agosto todas e todos os interesados tamén poderán facerse abonados de Máis que Auga Navia na propia instalación, na que se habilitará un espazo para atender aos clientes  e poder realizar a tramitación das altas de socios.

 

Máis que Auga Navia segue o modelo de amplitude e servizo das instalacións xa existentes en Barreiro e Coia. Navia contará cunha equipación deportiva de última xeración, pistas de pádel panorámicas e aparcamento gratuíto para socios. A empresa leva investidos 28 millóns de euros nos súas tres instalacións deportivas en Vigo. Máis que Auga Navia, a máis moderna e grande das tres, require un investimento de 11 millóns de euros.

 

O novo centro de Máis que Auga Navia entrará en funcionamento a mediados de setembro, coa posta en servizo de 16.000 metros cadrados cubertos para a práctica deportiva, que inclúen 8 pistas de pádel panorámicas, 4 salas de actividades, sala de fitness de 1.000 metros cadrados, tres piscinas para natación, balneario e aprendizaxe.

 

A instalación de Máis que Auga Navia contará cunha zona de ocio infantil para actividades e deporte, gabinete de nutrición e dietética, gabinete de masaxes e tratamento, cafetería  e un grande aparcamento.

 

Socios de 19 ata 35 euros ao mes, con pádel gratis

Máis que Auga Navia terá diferentes modalidades de socios co obxectivo fundamental de cubrir a todos os públicos e necesidades. A tarifa máis baixa está nos 19 euros (matinal, fin de semana e discapacitado), mentres que a premium será de 35 euros e dará acceso aos tres centros de Máis que Auga, ademais de incluír un curso de pago de 1 día (excepto pádel), así como reservas de pistas de pádel de balde de luns a venres de 7.00 h a 17.00 horas.