O 28 DE ABRIL CHEGAN OS ANOS 90 Á PISCINA DE NAVIA

23/04/2021

Os que nos coñecedes sabedes o que nos gusta en Máis que Auga divertirnos, disfrazarnos e unha boa festa! Así que… Preparamos algo especial para o mércores 28 de abril! Queremos convidarvos a participar no Especial  AquaFlash “Dance anos 90”! E iso que significa? Pois que imos celebrar unha clase moi especial de AquaFlash na que as persoas rexistradas deberán cumprir un requisito imprescindible: Vir caracterizado desa época e preparadas para entrar na auga e realizar a clase coa devandita indumentaria. Así que toca ver álbums familiares, botar man de antigos discos, películas… e sobre todo moita imaxinación e máis sentido do humor! No noso especial “Dance anos 90” combinaranse dous das actividades de AquaFlash ( FlashPole e  FlashBike). En Bike, como o seu nome indica, utilizaremos unha bicicleta, por suposto dentro da auga e en Pole, levámonos a barra á piscina e bailamos co principal apoio da barra e a auga. Podémosvos asegurar que a diversión está asegurada!

 

Como inscribirse? É unha actividade gratuíta, aínda que os clientes de AquaFlash tiveron preferencia na inscrición. Desde hoxe, calquera persoa interesada poderá reservar a súa praza (ata que se cubran todas as dispoñibles) nas recepcións dos tres centros. Iso si, lembrade que a actividade se desenvolverá na piscina de Navia o 28 de abril a partir das 20:30 horas (*).

 

E que é  AquaFlash? Para aqueles que non coñecedes a nosa revolución da auga  AquaFlash, explicarvos que é un proxecto pioneiro en España, no que se combinan actividades diferentes, orixinais, divertidas e de gran intensidade, que se realizan na piscina e con música.  AquaFlash chegou a  Máis que  Auga Navia no mes de outubro do pasado ano e polo momento só se realiza nesta instalación.

 

(*) Pecharase o baño libre en piscina a partir das 20:15 horas para poder celebrar esta actividade puntual. Rogamos desculpedes as molestias.