190 socios compiten para ser a imaxe de Máis que Auga

01/03/2016

A convocatoria do casting para servir de rostro nunha próxima campaña de Máis que Auga quedará pechada hoxe ás 18:00 horas.

190 socias e socios inscribíronse para participar na selección. A sesión do casting fotográfico se celebra en Máis que Auga Barreiro en horario de 10.00 h a 13.00 horas de mañá, e de 17.00 h a 21.00 horas pola tarde. Todos os participantes inscritos deberán estar nas instalacións de Barreiro nese horario para realizar a sesión de fotografía, da que sairán as clientas e clientes seleccionados.

As gañadoras e gañadores recibirán, como premio, unha suscrición gratuíta durante un ano a Máis que Auga. Entre os que compartiron o post da campaña nas redes sociais se sorteará unha mensualidade gratuíta.

A convocatoria do cásting, desde o 24 de febreiro ata hoxe, fíxose a través desta web e nas redes sociais.

CITA DO CASTING: xoves 3 de marzo en Máis que Auga Barreiro, de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, para todos os inscritos.