Un Nadal cheo de actividades para os peques da casa

26/12/2019

Máis que Auga conta este Nadal cun amplo programa de actividades para os máis pequenos/as da casa. Son actividades gratis para os nosos/as asociados e estanse realizando nos tres centros, polo que non dubides en consultar a programación e reservar a vosa praza nas recepcións dos centros.

O luns 23, en Barreiro tivo lugar un taller moi navideño, no que os pequenos/ as realizaron un Papa Noel articulado, guiados por Isaac, técnico de  Máis que Auga.

Tivemos que colorear, cortar, pegar… pero sobre todo pasámolo moi ben con Melissa,  Martina, Gabriela,  Aroa,  Erín,  Xela, Reyes, David, Daniela, Antía, Iría… Imposible non rirse con Melissa de 3 anos, que aínda non pode usar as tesoiras, pero que o pasaba bomba pintando ou pegando a barba de Papa Noel, e sobre todo pousando co seu precioso Papa Noel. Fantásticas  Aroa, Iría e Antía, tres irmás que ademais de coidarse entre si, axudaban aos máis pequenos a finalizar as súas obras mestras; moi gracioso Erín contando as súas aventuras e xenial o noso monitor, que mostrou toda a paciencia do mundo, cando de súpeto desaparecía un Papa Noel!

Ao final, todos acabamos satisfeitos e divertidos, os nenos e nenas levaron o seu Papa Noel a casa, e nós xa pensamos na próxima actividade…. Que será hoxe mesmo!

Hoxe xoves 26 temos taller en Navia (17:30 horas) e espectáculo ás oito da tarde en Barreiro, ademais de cinema en  Coia (17:30 horas).

O venres 27 teremos espectáculo en Navia (20:30 horas), en Barreiro cinema ás 20:30 horas e en  Coia un taller ás 18:00 horas.

Cal é o noso espectáculo? Codia e Miolo, os divertidos e dinámicos contacontos tradicionais galegos, levarannos por un mundo imaxinario e máxico, interactuando cos nenos. Durante a súa actuación contarán tres contos: Martiño e a noite de Reis, O Mellor Nadal e O Pai Mago.