1 de novembro de 2010: Así arrincou Máis que Auga

07/11/2021

O 1 de novembro de 2010 era un día moi especial para un grupo de traballadores (25 en total) que iniciaba un novo proxecto. Día festivo, si, pero Máis que Auga Coia abría as súas portas ao público logo de ano e medio de obras e meses de preparación para poder acoller aos nosos primeiros socios/as.

 

Ao ser festivo, comezaba a actividade ás 09:00 e só era xornada matinal. Alí esperaban aos primeiros visitantes, entre outros, Rosa Reijas, Javi Vázquez, Nerea Castro, Almu Pérez, Javi Alonso, Lupo, Borja Ropero… Dese primeiro día recordan os nervios, a ilusión, as ganas de emprender un novo e ambicioso proxecto… Pero ao facerlles recordar, veu á memoria o sucedido semanas antes, cando se abriu o prazo de inscripción. Borja cóntanolo: “O primeiro día que abriamos a inscripción, cando chegamos á porta da instalación dúas horas antes atopámonos a unha señora sentada nunha cadeira da praia, diante da porta, cunha manta e lendo o Hola. Dixémoslle que non abriamos ata dentro de dúas horas, pero ela díxonos: “Filliño, eu non me quero quedar sen praza. Non me vou ir”. E alí quedou para ser a primeira. Despois, cando a xente comezou entrar, a cola ía en aumento e terminou por dar a volta a toda a Praza da Tellada, creando problemas de tráfico coas saídas e entradas aos garaxes”. Malia as medidas tomadas, cambiando o fluxo, usando zigzag, a cola seguía sendo inmensa e non foi algo anecdótico.

 

Pasaban os días, facía unha calor incrible, e as esperas eran de tres, catro ou cinco horas. “Houbo un día en concreto que me subín á palmera, presenteime no alto para dicirlle á xente que non era necesario facer cola, que era unha instalación moi grande, que había prazas suficientes e que non se ían esgotar. Só lles faltou abuchearme, pero a xente non o cría e quedaba”, cóntanos Borja, que Pitoniso non é. E é que “cominme as miñas palabras. Unhas semanas despois, pechouse o cupo de socios e comezou a lista de espera. Aínda hoxe en día, un dos nosos primeiros socios, que aínda continúa connosco, recórdamo: Anda que se che facemos caso ese día!”.

E se isto foi a previa, chegamos ao día de apertura. O primeiro en cruzar o torno foi José Manuel, que ese día pasou ás 09:07, “porque ao ser día festivo abriades ás nove, porque a min encántame ir a primeira hora. Antes e agora, sigo sendo dos primeiros”. E é que José Manuel segue sendo membro da familia Máis que Auga once anos despois e sempre madrugador. Ao principio ía a piscina, aínda que por unha lesión deixouno e agora é asiduo na sala fitness, onde coñece aos usuarios, porque “ao final sempre somos os mesmos á mesma hora e queiras que non vas facendo amizade”.

 

Si José Manuel entrou ás 09:07, Roberto fíxoo uns minutos máis tarde e pouco despois Pilar (09:29). Para a nosa socia a experiencia era unha gran novidade, e recoñece que entrou con algo de nervios: “Ía á piscina e eu sabía nadar ao meu xeito, así que non tiña moi claro se ía desenvolverme ben na piscina. Por iso estaba moi ilusionada, pero tamén un pouquiño asustada”, cóntanos. Pilar si recorda as colas para facerse socia, “ademais fixémonos case toda a familia: as miñas fillas, os meus netos e eu”. Porque nosa Pilar é unha moza de 70 anos, quen afirma que o deporte faille moito ben e por iso non deixa de asistir á que tamén é a súa casa, Máis que Auga: “Agora vou a hipopresivos e a zenyo, ademais de ir a piscina os fins de semanas a nadar por libre”, conta Pilar que fala con moitísimo agarimo dos seus profesores nas diferentes clases: Flavia, Eva, Diego… Pilar recoñece que o pasou moi mal durante a pandemia xa que “para min facer deporte é fundamental e eu non son das persoas que é capaz de facelo en casa”.

 

E se nerviosos estaban os nosos usuarios, que dicir do persoal. Acudimos a eles, para que tirasen de disco duro e recordar eses momentos. Almu Pérez, técnica de piscina, botou a vista atrás cara a ese día 1 de novembro de 2010 e a ilusión coa que se puxo aquela camiseta vermella e o pantalón negro. Ela estaba na piscina pequena e rise ao recordar que “había un socorrista por cada escaleira das piscinas, ou máis, jajaja”. Os traballadores/as estaban emocionados e nerviosos “por arrincar algo tan novo e tratando de facer todo o posible para estar á altura”. Almu tamén asegurou que “non me esquezo de cada un dos compañeiros cos que iniciei esta aventura, desde a directora ata o técnico de mantemento, pasando por todos e cada un dos socorristas e técnicos, persoal de atención ao cliente…”.

 

Javi Vázquez era o benxamín do persoal con 22 anos, aínda que el non estaba o día 1 de novembro, pero deses inicios ten o recordo de que “había moita xente que nunca pisara un ximnasio e claro, tíñanse que ir adaptando á rutina e esa pequena tolemia de xestionar a tanta xente, xa que cada día incorporábase xente nova. Parecíache que non chegabas a todo e se cadra, cando peor estabas, de súpeto, ¡achegábase unha persoa para felicitarte pola clase!”. Javi lembrouse de todos os compañeiros e compañeiras, algúns que xa non están: “De todos os que tiven sempre aprendín algo e quero destacar o bo ambiente de traballo que temos desde hai 11 anos e os grandes profesionais que estiveron e están”.

 

Nerea Castro, que nese momento tiña 24 anos, cóntanos que “estabamos todos moi emocionados, nerviosos e súper ilusionados, porque empezaba un proxecto innovador en Vigo, xa que non había instalacións con estas características (sala fitness, piscina e spa xuntos) e iso facía que fose aínda máis especial”. Nerea viviu a fase previa: “Había moitísima xente na rúa facendo cola para entrar a informarse, coñecer a instalación e inscribirse, a cola rodeaba toda a Praza da Tellada! A verdade foi sorprendente e moi positivo”. E que é o mellor: “Desde ese día tanto abonados como compañeiros fixemos unha piña, creouse como unha pequena familia, e logo de tantos anos xuntos, seguimos! Así que, por moitos anos máis!”.

Javi Alonso, que viña da piscina do Carmen, recoñece que “era un desafío para min, porque era unha instalación nova en Vigo e unha gran responsabilidade para todos nós”. E tamén apreciou a ilusión nos usuarios: “Recordo que a xente estaba súper ilusionada coa nova instalación, porque en Vigo non había nada nin parecido: Na mesma instalación, ximnasio, piscina, spa, actividades para todas as idades… Ademais, tiñamos unha forma diferente de traballar. Por exemplo, nas clases de piscina metiámonos cos nenos no auga, para facer as clases máis próximas e aos pais iso gustoulles desde o principio”.

 

E en recepción, recibía Rosa co seu sorriso por bandeira, que viviu esas enormes colas: “Os primeiros días foron esgotadores, moita xente e colas enormes para inscribirse, pois moitos pensaban q as prazas íanse esgotar pronto e houbo avalancha”. A xente, tanto abonados como cursillistas, estaba moi contenta coas instalacións e os servizos, só había unha queixa: As longas colas. Despois, aos poucos, o ritmo baixou, e Máis que Auga pasou a formar parte do barrio de Coia e da cidade de Vigo.