Xoga co teu equipo de Máis que Auga!

Coñece mellor aos profesionais que forman parte do teu ximnasio en Vigo

Xoga con nós e gaña diferentes premios durante estes días. A partir de agora has de estar moi atento ás publicacións que imos facer nas  redes sociais de Máis que Auga: facebook, twitter e instagram. Cada día prantexaremos unha pregunta ou proba  sobre o teu equipo. Todas as pistas para atopar a resposta correcta as tes en maisqueauga.com/o-teu equipo.

Dar coa resposta é tan sinxelo como que premes sobre esta ventá e navegues un por ela na procura do dato que che fará gañar varios premios. En canto ás  probas só tes que ter preparado o teu móvil e estar listo para sacar unha foto con alguén do equipo cando nós che digamos.

En Máis que Auga, vimos de dar un gran salto e de abrir unha nova fiestra na web para que coñezas mellor ao teu equipo.  Queremos que te asomes a ela para que saibas máis cousas sobre os profesionais que formamos parte de Máis que Auga e por eso te propoñemos estes xogos. Se participas podes gañar dende camisestas, toallas, ou sesións gratis de spa para quen ti queiras. Así que xa sabes: dende hoxe non nos perdas de vista!