Usuaria xogando nas pistas de pádel en Vigo

Xoga ao pádel en Vigo no Torneo do Entroido!

Propoñémoste un plan perfecto para o Entroido: xogar ao padel en Vigo, nas instalacións de Máis que Auga Navia o fin de semana do 10 e 11 de febreiro. Trátase de pasar un sábado diferente do mellor xeito posible, e ademais podes vir disfrazado. Por suposto non obrigamos a ninguén pero sí recomendámosche que o fagas. Ademáis dos trofeso aos campións e subcampións haberá un trofeo para a parella mellor disfrazada. Así que xa podes ir pensando ideas. O torneo é só para adultos na categoría feminina y masculina. Inscríbete agora premando neste botón.

As instalacións de Máis que Auga son un centro de referencia do pádel en Vigo.  Contamos coas mellores pistas con dous complexos nas instalacións de Barreiro e Navia.  Nas instalacións de Máis que Auga Barreiro temos 8 pistas de pádel: 1 de muro cuberta, 4 de cristal cubertas e 3 de muro descubertas. Todas son pistas regulamentarias, con 4 portas, pista central de competición e protexidas dos ventos laterais,

O complexo de  Máis que Auga  Navia conta con 8 pistas de pádel cubertas de cristal panorámico (7 dobres e 1 individual) e vestiarios son exclusivos para os usuarios do complexo de pádel.

A Academia de Pádel de Máis que Auga ten o obxectivo de ofrecer o mellor sistema de aprendizaxe aos osos alumnos de pádel en Vigo.

Por qué somos túa Academia de Pádel en Vigo?

  • Enmpregamos a metodoloxía globalpádel: un sistema de adestramento propio baseado no coñecemento científico das Ciencias da Actividade Física e o Deporte, adaptando este coñecemento ao pádel
  • Todos os nosos adestradores seguen a mesma programación
  • Dirixímonos a todos os niveis e a todas as idades
  • Creamos un conxunto de actividades complementarias á formación

A  metodoloxía globalpádel  que empregamos nos nosos adestramentos baséase en 3 eixos

-Profesionalidade dos adestradores:              

Contamos cun equipo humanoque demostra a profesionalidade día a día buscando a excelencia en cada un dos adestramentos.

-Programación:

Temos unha programación personalizadapara todo tipo de alumnos con: obxectivos, contidos, a metodoloxía, medios e recursos didácticos e  avaliación

-Actividades de complemento do adestramento:

Ademais dos adestramentos contamos con actividades de complemento do ensino; grupos de whatsapp para xogar partidos, competicións, equipos deportivos.

Así que sexa cal sexa o teu nivel de pádel ou a túa idade non tes escusa para vir xogar con nós!