Wodfit: o mellor remedio contra a rutina

15/11/2017

Forza, resistencia, velocidade. Son as palabras e as claves do Wodfit un adestramento de alta intensidade para os que queren unha experiencia deportiva diferente e máis intensa ca da sala. Os boxes de Barreiro e Navia teñen unha banda sonora característica: música intensa que marca o ritmo dos  exercicios que os técnico prantexan e que incita a facer de todo menos a quedarse queto.

Malia o que podan pensar moitos, e aínda que o Wodfit é un adestramento de alta intensidade, adáptase a todos os perfís: tanto para o que é xa veterano coas kettlebells (pesas rusas) ou as barras, como para quen acaba de comezar. A dificultade e as cargas se poden rebaixar para quen se inicia e listo, xa todos podemos practicar Wodfit.

Do que non hai dúbida ningunha é de que este adestramento é para a xente que sempre quere máis e que a rutina diaria sábelles a pouco. O  Wodfit é para aqueles que prefiren compartir esforzos e retos (e nalgúns casos, tamén sufrimentos) con compañeiros. Nas clases desenvólvese o compañerismo e a certeza de que “se ti podes, eu tamén”  O que está craro é que quen o practica recoñece que a a motivación que aporta este adestramento intenso compensa todo o esforzo que se fai na clase

O Wodfit busca unha mellora total do corpo tanto a nivel de forza como de resistencia e esa mellora se consigue.  Vero Arias por exemplo asegura que o que máis lle gusta do Wodfit é o resultado final: “Síntome moi ben conmigo mesma cando remato porque noto o traballo feito” Da mesma opinion é Víctor Quevedo, para él o Wodfit é o mellor alivio que atopa para un traballo no que ten que estar 8 horas de pé.

Non  lle deas  máis voltas. Consulta os nosos horarios de wodfit na nosa web maisqueauga.com e apúntate a rachar coa rutina!