Máis que Auga ten un compromiso coa sociedade viguesa para facer visible os beneficios do deporte para a saúde e o benestar. Nos nosos centros ofrecémosche a máis ampla gama de actividades e horarios para desenvolver todo tipo de exercicios deportivos para manter a forma física, sexa cal sexa o teu nivel e obxectivo deportivo.
No programa de actividades Máis que un Plan propoñémosche ademais unha serie de eventos deportivos e fórmulas participativas para levar esa proposta fóra dos centros de Barreiro, Coia e Navia e estender a nosa oferta saudable á sociedade.
Os grupos estables de running e travesías manteñen unha actividade constante todo o ano con adestramentos semanais a cargo dos nosos técnicos. Son grupos que participan nas probas correspondentes: no circuíto de carreiras populares RunRunVigo e outras probas locais, no caso do running; e en moitas das probas de travesías que se celebran en Galicia no verán.
Ademais desas actividades fixas, Máis que un Plan presenta para este outono, no trimestre outubro-decembro, actividades de interese como a demostración en forma de masterclass sobre Marcha nórdica, para a práctica deste deporte tranquilo, ou a saída de trail coa experta corredora Aroa Sío, destacada a nivel nacional nesta especialidade de carreiras de montaña.
No mes de novembro está prevista a presentación das novas coreografías de Les Mills cunha sesión especial nos tres centros e varias sesións especiais de actividades: como AquaTraining e Remo Indoor. Tamén o running ten espazo na carreira Vigo+11.
Para decembro están prevista a celebración dunha Liga de natación entre centros e a carreira de San Silvestre, onde participa o grupo de running. Será un mes no que Máis que Auga organiza tamén unha recollida de alimentos para o Nadal.
Este programa de actividades pon en primeiro plano o sentido social da actividade deportiva que é un dos obxectivos de Máis que Auga.