Servicio de estética en nuestros gimnasios en Vigo

Ven ao gabinete de tratamentos dos nosos ximnasios en Vigo

11/01/2018

Máis que Auga e moito máis que o teu ximnasio en Vigo. Ademais de vir practicar deporte nas nosas salas de fitness, asistir ás actividades dirixidas , gozar das nosas áreas de piscinas ou spa tamén contamos cun gabinete de tratamentos no que che ofrecemos:

  • Servizo de fisioterapia
  • Servizo de dietética e nutrición
  • Servizo de estética

O servizo de fisioterapia dos nosos ximnasios en Vigo funciona como unha clínica ao uso, para socios e tamén para non socios. Unha oferta que cada día atrae a máis persoas pola importancia da fisioterapia para aqueles que se exercitan nos nosos centros, para todos os que practican deporte, e tamén para calquera tipo de persoa en xeral. A nosa fisioterapeuta, Natalia de Bourbón, conta cun máster en osteopatía estructural e trata patoloxías de espalda, lesións do aparato locomotor e outros tratamentos, nun traballo individualizado con cada paciente.

As reservas poden facerse na recepción de calquera das tres instalacións, por teléfono ou a través da web para os abonados. Os prezos das sesións podes consultalos na nosa páxina web

Servizo de nutrición nos nosos ximnasios en Vigo

En Máis que Auga somos conscientes da importancia dunha  boa alimentación para levar unha vida sa. Por iso os nosos ximnasios en Vigo contan cun servizo de nutrición que axude a promover hábitos de vida saudables combinando a práctica deportiva cunha alimentación equilibrada: unha boa dieta axuda previr un bo número de enfermidades crónicas.

A nutricionista, Conchi Adrover é a responsable deste servizo que non está enfocado só a persoas con problemas de sobrepeso senon tamén a todos aqueles que queiran aprender algunhas pautas para mellorar a súa alimentación. No gabinete nos adaptamos ás necesidadaes de cada persoa e lle elaboramos unha dieta pensando nas súas necesidades co seu posterior seguimento.

Tes varios programas para escoller: Programa activo de control de peso e Programa mensual de mantemento. Tamén podes pedir unha cita individual. A información con todas as tarifas a tes na nosa  web maisqueauga.com

O gabinete de estética é outro dos servizos co que conta o gabinete de tratamentos de Máis que Auga. Despois do esforzo que facemos practicando deporte e queimando calorías, o noso corpo tamén merece un cuidado especial.

A nosa esteticista,  Raquel Delgado faite unha  primeira diagnose de balde para valorar  o tipo de pel da túa cara e as necesidades que precisa. O servizo de estética ofrece varios tratamentos: anti idade,  reafirmante, antioxidante e aclarante. Tamén podes gozar de tratamentos corporais: exfoliacións, drenaxes con algas, anticelulíticos e circulatorios. Hai tamén cuidados especiais para as embarazadas.

Podes pedir cita na recepción de Máis que Auga Navia ou chamando ao teléfono 886 689 854 Consulta os nosos tratamentos e tarifas na nosa web. E non esquezas que Máis que Auga é moito máis que un ximnasio!