Triathlon solidario con Isidre Esteve en Máis que Auga

Máis que Auga acolle un triathlón indoor solidario o próximo 24 de febreiro, nas instalacións de Navia de 16.00 a 20.00h. Toda a recaudación (6 euros é o custo da inscrición) vai destinada á Fundación Isidre Esteve: unha fundación que dirixe o que fora  un dos grandes pilotos do Dakar ata que un accidente deixouno en cadeira de rodas. Isidre Esteve é un exemplo de superación onde os haxa: no 2017 regresou ao Dakar sudamericano, en coche e con mandos  no volante. Repetíu este ano e quedou no posto 21.

O día 24,  ademais de colaborar coa súa fundación tamén teremos o privilexio de contar co propio Isidre nas instalacións de Navia. Dende o seu accidente, e ao través da fundación que leva o seu nome, Esteve loita por promover proxectos dirixidos a mellorar a mobilidade e a calidade das persoas con discapacidade física ao través do deporte.  Inclusión é a palabra que máis repite Isidre: “Se queremos tender unha ponte á discapacidade ten que pasar pola inclusión social  e o triathlon indoor  é un claro exemplo”

Ademáis de Máis que Auga a  este triathlón indoor solidario únense tres centros máis de Ferrol, Pontevedra e o centro ponte de Coruxo.  Para Isidre trátase dun día moi importante e asegura que eventos como éste danlle a gran satisfacción dun traballo ben feito: “Esto é o que buscamos que tanto persoas con discapacidade física como sen ela podan estar xuntos facendo deporte. O deporte é capaz de unirnos a todos e o triathlón non fai diferencia entre capacidades”.

Ti tamén podes contribuir a esta loita pola inclusión apuntándote a este triathlón en calquera das salas fitness dos nosos centros.

En Máis que Auga  sempre tivemos claro esa función integradora e inclusiva do deporte e por iso apostamos por ela.  Os noso centros de Barreiro, Coia e Navia, están adpatados para que podan acceder e adestrar persoas con discapacidade.

De feito, en Máis que Auga temos a satisfación de colaborar e apoiar a dous grandes deportistas con discapacidade que participaron nas paraolimpiadas de Río: Susana Rodríguez Gacio e Chano Rodríguez. Os dous escolleron as nosas instalacións para o seu adestramento. Os xogadores  do clube Amfiv tamén contan co noso apoio e adestran en Máis que Auga pola súa accesibilidade.