Temos sitio para ti

06/10/2015

Os/as adestradores/as e técnicos deportivos de Máis que Auga queremos axudarte a poñerte en forma. Somos un equipo de 80 profesionais disposto para que aproveites as mellores e máis amplas instalacións deportivas de Vigo, nos nosos centros de Coia, Barreiro e Navia.

Temos sitio, horarios e espazo dabondo para que non teñas escusa para poñerte en forma. Para mellorar a túa saúde. Podes ser socio, apuntarte aos máis de 60 cursos diferentes que temos, dende baile a taekwondo, dende natación a pádel. Temos horarios para todas e todos e cursos de zumba, pilates, ioga, power, gap, …. temos grupos organizados segundo a túa necesidade, para correr, nadar, usar máquinas de forza ou as bicis.

Podes utilizar as nosas instalacións nun amplo horario: De 7.00 h a 23.30 horas, de luns a venres; o sábado, de 09.00 h a 21.00 horas e o domingo, de 09.00 h a 14.30 horas.

Accede cos seguintes enlaces aos nosos horarios, cursos e instalacións. Faite socio ou reserva pista online.