Ejercicios hipopresivos en gimnasios Vigo

Suma saúde cos hipopresivos

18/05/2017

Os exercicios hipopresivos son unha actividade cada vez máis demandada, maioritariamente polas mulleres, polos beneficios que conleva para a saúde. A práctica de exercicios hipopresivos é boa para: o reforzo e a rehabilitación do solo pélvico, a recuperación posparto, o alivio de dores lumbares e o rendemento deportivo.

Os hipopresivos tamén teñen unha importante función estética porque axudan á reducción do perímetro abdominal. En Máis que Auga impártense nas  tres instalacións de Barreiro, Coia e Navia en diferentes días á semana en horarios de mañá e de tarde.

Algunhas das usuarias de Máis que Auga e asiduas ás clases de hipoprevisos nos confirman os bos resultados que lles aportan para a súa saúde e benestar.

Patricia, socia de Máis que Auga Coia, e nai dun neno de 2 anos tivo un problema despois do parto e comezou a acudir a unha fisio especialista en solo pélvico. A fisio recomendoulle a práctica de exercicios de hipoprevisos e dende aquela non falta nunca ás clases de Máis que Auga Coia. Por suposto solucionou o seu problema e é  unha das alumnas máis avezadas das clases cun incríble dominio da apnea. Tamén Irene, quen comezou  a acudir ás clases para tratar un problema de diástasis, está moi satisfeita cos resultados obtidos.

Os hipopresivos están indicados para mulleres e  homes, sobre todo para previr lesións derivadas de prácticas deportivas de alto impacto como o running. O prezo da actividade de hipopresivos nos centros de Barreiro e Coia é de 8,10 euros mensuais para abonados e de 16,20 para os eventuais. En Navia o prezo é de 8,35 euros mensuais para abonados e de 16,65 euros para eventuais.