“Somos de Máis que Auga”

31/05/2016

Un grupo de 50 deportistas de elite amosan  o seu apoio ao modelo deportivo de Máis que Auga en Vigo, nun acto no que se renova a colaboración entre a empresa e os campións. Entre os deportistas apoiados por Máis que Auga se inclúen varios que estarán nos Xogos Paralímpicos de Río 2016, medallistas olímpicos galegos e tamén equipos da cidade que compiten en deportes que máis axuda precisan. “Somos de Máis que Auga”, sinalaron os nosos campións.

Ao acto, celebrado o luns 30 de maio  en Máis que Auga Navia, asistiron os nosos campións Susana Rodríguez (paratriatleta),  Chano Rodríguez (nadador paralímpico), Antonio Serrat (triatleta), María Bautista (árbitro de taekwondo), Fernando Costas (atleta con discapacidade) e os equipos do  Celta Feminino de Baloncesto, VGO Basket masculino, CD Amfiv basket en cadeira de rodas, e Club de Pádel Barreiro.  O único que no puido asistir foi o medallista olímpico en piragüismo Carlos Pérez, Perucho.