Benvidos a Máis que Auga, un lugar diferente para facer deporte en Vigo! Temos tres centros en distintas zonas da cidade: BarreiroCoia e Navia. Todos eles comparten a mesma filosofía: ser máis que un ximnasio, unha piscina, un balneario ou unhas pistas de pádel… e nesa tarefa traballamos dende finais do ano 2010.

Máis que Auga é unha concesión pública do Concello de Vigo. A empresa encárgase de investir, construír e xestionar os centros de Coia, Barreiro e Navia a cambio de por ao dispor da cidadanía unhas instalacións de primeira calidade a prezos populares, fixados por tarifa municipal. En Máis que Auga atoparás un lugar de encontro e saúde para a familia e amigos, para practicar deporte e para moito máis…

Estas son algunhas das nosas cifras:

19200

Socios

90000

Clientes

920000

Usuarios en 2016

120

Profesionais

Vantaxes

SAÚDE

Promovemos actividade saudable nun entorno social.

BENEFICIOS

Somos testemuña directa dos beneficios que ten o deporte na saúde.

FAMILIA

Temos actividades pensadas para toda a familia.

DEPORTE

Contribuímos ao benestar fomentando o deporte.