Semana de portas abertas para aprender a xogar a pádel en Máis que Auga

10/09/2015

A Academia de Pádel Máis que Auga pon ao dispor dos seus clientes unha Semana de portas abertas, na que tanto nenos como adultos poderán recibir clases de balde nas instalacións de pádel de Barreiro e Navia. As e os interesados poden  inscribirse na páxina web da empresa (www.maisqueauga.com) dende hoxe e ata que se esgoten as prazas gratuítas.

 

As persoas interesadas en recibir clases de balde en Máis que Auga Barreiro poderán facelo entre os días 21 e 26 de setembro, mentres que os que prefiran Navia o realizarán entre o 23 e o 29 de setembro.

 

As clases gratuítas están dirixidas a todo tipo de público, tanto nenos como adultos, dende as persoas que nunca practicaron o pádel a aquelas que xa teñen un certo coñecemento do mesmo, que poden ter interese en acudir á Academia de Pádel de Máis que Auga. A Academia fai unha forte aposta pola introducción do deporte do páden entre os nenos, incluíndo na tarifa do curso un torneo mensual de balde e creando equipos de competición para os máis pequenos. As clases teñen unha duración dunha hora, impartidas polos monitores da academia (todos eles titulados) e serán en horarios de mañá e tarde (durante os días laborais e o sábado). Durante a fin de semana haberá clases de adultos e nenos á vez, para que poidan acudir pais e fillos a clase xuntos. A inscrición debe realizarse de forma individual na páxina web de Máis que Auga, indicando idade, días e horarios preferentes, para poder organizar as clases.