Semana de pais en Máis que Auga: a mellor diversión nas piscinas

15/03/2018

Os centros Máis que Auga presumen de ser instalacións multideporte e ofrecer entre outros servizos as mellores posibilidades para os que buscan piscinas en Vigo.

E se cada día hai máis usuarios que utilizan a zona de auga para realizar exercicios de natación ou desenvolver actividades acuáticas específicas, como o aquagym, as Semanas de Pais aportan aos nosos centros un plus de enerxía.

As familias con fillos que participan en cursos de piscina durante o ano teñen a posibilidade de acceder á piscina (dúas persoas por neno ou nena) e participar en animadas sesións especiais creadas especificamente para estes días.

Nestas sesións preséntase todo tipo de exercicios que poñen en xogo as habilidades desenvoltas polos pequenos. Pero ademais, realízanse xogos e actividades temáticas nas que os pais poden implicarse…. se veñen preparados coa vestimenta axeitda, claro: traxe de baño, gorro e chanclas. Este ano os centros enchéronse de debuxos animados e piratas: cada ano é unha sorpresa.

Piscinas en Vigo para toda a familia

En definitiva, diversión e aprendizaxe combinados nunha en Semana de Pais que sitúa a Máis que Auga como referente para as piscinas en Vigo. Non só dispoñemos dun equipo de técnicos especializados, novos e preparados. A nosa escola de actividades acuáticas recibe arredor de 4.000 nenos e nenas nas súas diversas seccións, aos que hai que sumar todos os rapaces que participan nas actividades extraescolares a través das Anpas.

Pero tamén ofrecemos cursos de aprendizaxe acuático para pequenos desde os 6 meses de idade. Os pais poden gozar nas nosas piscinas en Vigo dunha experiencia única e compartida na auga.

A natación é unha das actividades que implica un maior desenvolvemento motor nesas idades e a súa práctica continuada aporta enormes beneficios na tonificación corporal e o desenvolvemento do sistema respiratorio. Ademais, participar en actividades deportivas en grupo favorece a socialización dos menores. O resultado é unha das actividades deportivas máis completas que podemos ofrecer aos nosos usuarios.