grupo de running de gimnasio Vigo

Run Run: corre con Máis que Auga!

14/03/2017

O noso é correr: co inicio da primavera chega a tempada de carreiras e no equipo de running Máis que Auga poñémonos as pilas. A publicación do circuito Run Run do Concello de Vigo con todas as carreiras de aquí a final de ano da o pistoletazo de saída. En Máis que Auga levamos meses preparándonos para a primeira cita e unha das carreiras máis bonitas e máis exixentes do circuito: a VigBay. Os 21 kilómetros desta Vigo-Baiona supoñen un reto importantísimos para todos nós e unha loita non só contra o cronómetro senon contra os nosos propios límites.

O equipo de running Máis que Auga está composto por 70 socios das tres instalacións de Barreiro, Coia e Navia que adestramos tres veces á semana co responsable de running de cada centro. Os venres quedamos todos no Parque de Castrelos e facemos un adestramento conxunto no que, ademáis de correr, pasámolo ben. O adestramento dos venres é unha excusa perfecta para coñecernos máis entre nós e establecer vínculos cos socios das outras instalación, é dicir: facemos equipo.

Luns e mércores: 21h a 22h. Barreiro, Coia e Navia

Venres: 20.30 a 22 h. Parque de Castrelos

Dende o 2 de abril ata o 10 de decembro no que se celebra a última proba do Run Run temos 9 carreiras e moitos kilómetros por diante para correr e para desfrutar. Se che encanta o running, es socio de Máis que Auga e a estas alturas te estás preguntando por qué non estás dentro deste grupo poñémoscho fácil: pregúntalle a calquera dos técnicos da túa instalación. O running é unha actividade gratuita para todos os socios e podes apuntarte sexa cal sexa o teu nivel, ademais por 9 euros ao ano tes un seguro de accidentes deportivos que cubre os adestramentos. O noso é un grupo moi heteroxeneo no que ten cabida todo o mundo. Corremos para ser felices, para ser Máis que Auga!