Regala Máis que Auga, en San Valentín

11/02/2016

Chega San Valentín e Máis que Auga tamén quere celebrar o día dos namorados cos seus socios. Para iso poñemos en marcha dúas accións, co obxectivo de chegar tanto  aos nosos socios actuáis coma aos futuros.

enamoradosPara os non socios. Se aínda non sabes que regalarlle á túa parella, qué mellor agasallo que un poco de deporte, diversión, amistad, saude… Todo iso é o que pode atopar en Máis que Auga! Así, se a fas socio/a entre os días 12 e 15 de febreiro terá a matrícula gratis e poderá asistir a un curso dun día a semana (en piscina ou sala) gratis durante o que resta de febreiro e o mes de marzo. Date prisa! Son só tres días de promoción para lograr un corazón máis forte. Infórmate na recepción de calquera dos nosos centros.

Para os socios. E o prato forte de San Valentín está previsto para a noite do sábado… Abriremos para os/as nosos/as socios/as o spa de Navia de 22.00 h a 02.00 horas para que disfrutes coa túa parella dun spa nocturno. Teremos música, velas, flores… e a vós. Sorprende á túa parella cunha noite diferente, romántica e especial.

 

Ven celebrar San Valentín en Máis que Auga!