Récord de participantes no IV Concello de Vigo de pádel

A cuarta edición do Campionato de Pádel Concello de Vigo-Pérez Rumbao Car arranca o venres 1 de xullo nas pista de Máis que Auga de Navia e Barreiro. E o fai con récord de participantes: 452 xogadores, es decir 226 parellas. En total son 280 homes e 146 mulleres. Dos participantes, 60 son xogadoras e xogadores federados. A competición prolóngase ata o 10 de xullo.

O torneo inclúe participantes de tódolos niveis e idades, e tamén conta cun destacado plantel de campións de pádel: o vigués Ramón González-Babé, 15 veces campión galego de pádel; Magín e Javier Raposeiras, campións galegos de máis de 40 anos; Ignacio Vilariño, quinto do ránking de España cadete; ou Héctor Guisande, número 1 de Galicia na categoría cadete.

Entre as participantes femininas destaca Carla Barciela, campioa galega e número 1 do ránking galego e xogadora profesional World Padel Tour; Paloma Lázaro, subcampioa galega e quinta do ránking galego, e tamén xogadora profesional World Padel Tour; e Tamara Aranda, campioa galega de pádel en varias ocasións.

No torneo estréase unha categoría de menores, na que hai 26 inscritos. Nesta web de Máis que Auga poderá seguirse en directo a retransmisión en streaming dos partidos da pista principal a través da canle Youtube de Máis que Auga.

O principal torneo de pádel da provincia de Pontevedra vai repartir un total de 3.000 euros en premios nas categorías federadas.