Usuaria en los gimnasios en Vigo de Máis que Auga

Racha coa túa rutina nos teus ximnasios en Vigo!

13/07/2017

Judith Chacón é a usuaria que todo ximnasio en Vigo querería ter. E nos temos a sorte de contar con ela como abonada. Entusiasta, amante dos retos e implicada en todas as novas actividades que propoñemos nas nosas instalacións: así é Judith

A última aventura á que acaba de apuntarse (malia estar nos primeiros meses do seu segundo embarazo) é o Pass Sport S: un pasaporte especial co que podes realizar diferentes probas durante un período de catro semanas e así coñecer algúns dos nosos servizos que se cadra nunca tiñas probado.  Qué pretendemos con esto? que coñezas a fondo cada unha das nosas instalacións. Só tes que pedirllo ao técnico de sala.

É eso foi o que fixo Judith que a pesar de ser usuaria dos nosos ximnasios en Vigo nunca tivera probado nin o spa nin a sauna ás que arrastrou con ela á súa nai e algunhas amigas. Unha das probas consiste en convidar a un amigo que aínda non sexa abonado a que probe Máis que Auga.

 Proba todos os nosos ximnasios en Vigo

Outra das propostas do Pass Sport pasa por realizar  probas noutras instalacións e así foi como Judith (que é usuaria de Navia) pudo coñecer tamén Máis que Auga Barreiro e Máis que Auga Coia. Quedou encantada.

O Pass Sport S é a segunda talla de pasaporte que sacamos, o primeiro foi a XS con probas moi sinxelas e doadas. Avisamos: a medida que aumentemos tallas se incrementará tamén a dificultade. Pero non te preocupes que aínda quedan varias antes de chegar a XXL

Cada vez que realices a proba proposta os nosos técnicos selarante o pasaporte. Cando consigas selar todas nas catro semanas establecidas recibirás un agasallo e pasas xa ao seguinte pasaporte no que sube a dificultade pero tamén o valor do premio.

O obxectivo último que buscamos con este tipo de iniciativas é propoñerte cousas divertidas e diferentes para facer no teu ximnasio en Vigo. Queremos que teñas novas experiencias na túa rutina e que te involucres na vida deportiva de Máis que  Auga.