Queres unha clase gratis de pádel?

13/09/2016

A Academia de Pádel Máis que Auga invítache a tomar, de balde, unha clase gratuíta entre os días 12 e 18 de setembro. Tanto para nenos como para adultos, na nosa semana de portas abertas os nosos adestradores profesionais ofrecen unha hora de clase gratuíta. As clases están abertas para calquera cliente ou non cliente habitual, dende os 4 anos de idade.

Os máis pequenos serán repartidos por idades (4 a 6 anos, 7 a 11 anos e 12 a 16 anos) mentres que os adultos quedarán organizados por niveis (iniciación, intermedio e avanzado).

Unha magnífica ocasión para empezar a practicar o pádel, un deporte completo para os máis pequenos que agora comezan as súas clases e empezan a organizar o seu horario extraescolar. Para os adultos, o pádel sempre ofrece ocasión de facer amigos para compartir un rato de ocio.

Para inscribirte nesta promoción con prazas limitadas, só tes que picar no botón.