Qué beneficios aporta o pádel?

O pádel, que implica esforzo físico e coordinación, aporta numerosas ventaxas para a saúde xa que desenrola, por exemplo, a capacidade de resistencia de todo xogador. Mellora tanto o corpo como a mente.

Este tipo de deporte axuda a perder peso se ademais o combinamos cunha dieta equilibrada e sana. Non nos podemos obsesionar con este punto xa que perder peso non debe ser a túa meta final. O importante é adquirir hábitos saudables para manter os efectos no tempo.

Ademais axuda a cambiar os pensamentos negativos para comezar a ver o vaso medio cheo. O positivismo conleva unha vida máis feliz e plena. O pádel tamén che ayuda a evadirte das preocupacións polo que se reduce o nivel de ansiedade e de estrés que vamos acumulando no corpo.

Ao ser un deporte en equipo permite desenrolar outras capacidades como a cooperación, a coordinación e o compañeirismo. Ademais axuda a saber afrontar as derrotas dentro e fóra da pista. Por último, cabe mencionar que mellora a autodisciplina gracias os adestramentos constantes e os hábitos que se adquieren no pádel.

Fai dúas semanas en Máis que Auga desfrutamos do torneo de pádel máis grande celebrado en Vigo. Nas nosas instalacións de Barreiro e Navia podese practicar pádel sen costes para os abonados ata as 14.30 horas.