Proba o pádel e entra na Academia

01/09/2016

Coa intención de dar a coñecer o deporte e a metodoloxía aplicada na Academia de Pádel, Máis que Auga celebra unha semana de portas abertas do 12 ao 18 de setembro.

A iniciativa terá lugar en Barreiro e Navia e está dirixida a adultos e rapaces a partir de 4 anos. Os participantes dispoñen dunha hora de demostración gratuíta en horarios de mañán, tarde e fins de semana, para poder decidir a súa continuidade na Academia.

Podes consultar a información sobre a Academia de Pádel aquí.