Proba gratis a Academia de pádel do 8 ao 15 de xaneiro

30/12/2015

A Academia de pádel Máis que Auga celebrará do 8 ao 15 de xaneiro a semana de portas abertas, na que tanto nenos como adultos poderán recibir clases de balde nas instalacións de Barreiro e Navia. Se estades interesados en recibir clases de pádel e queredes primeiro saber cómo é, só tedes que inscribirvos aquí inscríbete canto antes porque son prazas limitadas.

Con esta actividade, Máis que Auga pretende dar a coñecer un deporte que conta cada vez con máis seguidores dentro da poboación viguesa, principalmente como unha actividade de ocio. Estas clases están dirixidas a todo tipo de público, dende as persoas que nunca practicaron pádel a xogadores/as de tecnificación que poden ter interese en acudir á academia. As clases terán unha duración dunha hora, impartidas polos nosos adestradores  (todos eles titulados) e serán en horarios de mañá, mediodía e tarde (durante os días laborais e sábados) e de mañá (domingos). Durante a fin de semana haberá clases de adultos e nenos á vez, para que poidan acudir pais e fillos a clase xuntos. A inscrición debe realizarse de forma individual na páxina web de Máis que Auga, indicando idade, días e horarios preferentes, para poder organizar as clases.

Esta actividade xa se celebrou en anos anteriores, con máis de 200 participantes, pero a principal novidade deste ano é que as clases serán ofrecidas tanto en Navia coma en Barreiro, así que se amplía o número de prazas para acoller a máis interesados.

 

Animádevos a probar!