Proba especial de bici e natación en Máis que Auga

06/05/2018

A inventiva non ten fin en Máis que Auga: para o vindeiro sábado, día 12, en Coia está prevista a realización de Ciclauga, unha actividade especial que mestura o mellor dos dous mundos, a bici e a natación.

A competición dispón de 30 prazas y los participantes inscritos repartiranse en dúas quendas, as 13.00 e as 13.30 horas. A actividade é gratis para os abonados pero pódense inscribir participantes externos (neste caso o prezo é de 3,70€).

O obxectivo da proba é sumar o maior número de puntos conseguidos a base de pedalear nas bicis da sala fitness e, previo cambio de indumentaria, nadar e correr na piscina.

A proba comeza con 20 minutos de bici nos que se vai variando a carga (e o esforzo esixido, claro) para sumar quilómetros e os puntos conseguintes: 1 punto por quilómetro e só puntuarán os quilómetros enteiros.

Na piscina, durante outros 20 minutos, os participantes deben facer un circuíto que consta dun largo completo de ida e volta (50 metros), un pequeno rodeo ao vaso pequeno da piscina, unha carreira dentro deste vaso (12 metros), saída e novo rodeo para volver ao vaso grande e facer un novo largo ida e volta. Cada volta a este circuíto suma 1punto e trátase de facer o maior número posible de voltas completas.

A sesión remata coa entrega dos tres premios previstos para cada categoría, masculina e feminina, tras contabilizar as puntuacións totais.