Máis que Auga presenta cunha sesión especial o sábado 14 de abril o novo equipamento de software para as bicis de ciclo indoor IC5, que pretende trasladar aos usuarios unha experiencia deportiva máis realista e rica en sensacións.
O software MyRyde que agora equipan as bicis de Barreiro permite desenvolver as actividades de ciclo nunha atmosfera dinámica e realista, que farán os teus adestramentos máis lúdicos e entretidos.
Como indica Pablo Gestido, o técnico encargado da dinamización desta actividade, “con este equipo podemos seguir a todos os participantes e coordinalos para formar grupos e que compitan entre eles, e iso enriquece moito a sesión, faina moi realista, unha auténtica experiencia”.
A última tecnoloxía dixital que incorporan as bicis serve para conectar aos usuarios nun mesmo panel desde onde o técnico da sesión interactúa dun xeito moi amplo. Para este tipo de actividades faise previamente un test que mide a capacidade de cada participante e establece os seus niveis de potencia. Grazas á conexión inalámbrica de cada bici co panel do técnico, este visualiza o rendemento de cada un e pode adaptar a sesión aos usuarios actuando sobre os niveis de dificultade da ruta.
Os xogos de luces e o equipo de son, sumados ás sensacións realistas dos recorridos virtuais presentados en HD na pantalla da sala, completan esta experiencia única e diferente de inmersión no deporte que Máis que Auga ofrece agora aos seus usuarios en Barreiro.
Experiencia My Ryde
Sábado 14
12.00 a 13.30 horas
Máis que Auga Barreiro