Plan de entroido: premios, risas e actividades para todos os climas

02/02/2016

 

Chega o Entroido e Máis que Auga celébrao contigo, cun  concurso de disfraces e talleres para nenos.

puertas abiertas- padelO venres 5 de febreiro é o día do concurso de disfraces nas tres instalacións (Barreiro, Coia e Navia). Facemos un photocall en cada un dos centros con todos os clientes  que acudan disfrazados e colgaranse nas redes sociais para que durante unha semana os nosos seguidores elixan os seis mellores disfraces (dous por instalación) cun gústasme e compartindo a imaxe durante. O premio é unha mensualidade gratuíta para os gañadores.

 Os peques

En Barreiro e Navia temos actividades infantís para os máis pequenos. O martes 9 en Barreiro (de 18.00 h. a 20.00 horas) realizamos un taller de maquillaxe cos nenos e nenas  e un desfile de disfraces na xogoteca, actividade na que tamén poderán participar os pais. Entrada gratuíta.

Máis que Peques Navia ten unha completa programación para o entroido. A partir do día 5 de febreiro os máis pequenos da casa atoparán no noso centro de lecer un punto de encontro para disfrazarse, xogar e participar en talleres.

entroido-RRSSO día grande é o 5 de febreiro no que celebramos o Máis que Entroido con desfile de disfraces, merenda e taller de caretas e pintacaras. A actividade comezará ás 17.00 horas e terá un custo de 6 euros para nenas e nenos socios de Máis que Auga e de 8 euros para os non abonados. Ademais se es socia ou socio e traes á actividade a un non socio, terás un desconto do 50%. Podes inscribirche na seguinte ligazón.

Os días 8, 9 e 10 de febreiro teremos talleres de máscaras, disfraces e pintacaras ao longo de toda a xornada. Querer deixar aos teus pequenos e pequenas nestas vacacións escolares podes facelo de 10.00 h a 13.00 horas pola mañá  e de 16.00 a 20.00 horas pola tarde. Neste caso podes facer uso da instalación no horario que necesites, sen reserva previa. Só tes que acudir á instalación co neno/a e abonar o servizo (3 euros/hora para socios e 4 euros/hora non abonados).