Premia ao teu equipo con Máis que Auga!

04/12/2017

Sí, o que estás vendo son as xogadoras do Celta Zorka nunha sesión de relax no noso spa de Máis que Auga Navia. Un descanso máis que merecido despois dunha xornada de adestramento. Gozaron como nenas (en realidade como o que son malia o que poda parecer dada a madurez que amosan tanto na cancha como na vida) Pero antes de rematar todas xuntas no spa, algunhas disfrutaron dun partido de pádel nas nosas pistas mentres que outras preferiron “relaxarse” no box de wodfit.

Se es adestrador, preparador físico ou directivo dalgún dos centos de clubes da nosa cidade ti tamén podes agasallar ao teu equipo cun premio Máis que Auga!  Nas nosas instalacións tanto de Barreiro como de Coia e Navia estamos preparados para recibir a grupos ben para ofrecerlles un tempo de desconexión con calquera das nosas actividades dirixidas (zumba, pilates, hipopresivo) ben para complementar a súa preparación física co uso de diferentes materiais (adestramento funcional, wodfit, hiit)

Así que se estás interesado ponte en contacto con nós escribíndonos un correo electrónico a info@maisqueauga.com e che daremos toda a información que precises. Por suposto podes escoller a instalación que mellor che veña e nós deseñamos unha xornada a medida para todos os membros do teu clube ou equipo.  Máis que Auga é moito máis que un premio, asegurámoscho!