Pádel de balde para empezar o ano

28/12/2016

Na Academia de Pádel Máis que Auga temos un obxectivo e imos cumplilo: non queremos que ninguén perda a oportunidade de probar o pádel. Por eso dende o 9 ao 15 de xaneiro os nosos adestradores profesionais dan unha hora de clase totalmente de balde a todos os que queiran, tanto nenos (dende os 4 anos) como adultos. O único que tes que facer é inscribirte na nosa web. As clases se imparten nas pistas de Navia e Barreiro.

Non te preocupes do teu nivel nin da túa idade porque temos grupos organizados  en función dos anos e do coñecemento que teñas do pádel.

Non perdas esta ocasión para probar un deporte que ten moitos beneficios: ademáis de ser unha das prácticas deportivas máis divertidas tamén elimina o estrés, tonifica os músculos, axúdate a previr problemas cardíacos e desenvolve a psicomotricidade. Agora sí que non tes nin unha excusa para probar o pádel!