Os usuarios de Máis que Auga liquidan 3,5 millóns de calorías en quince días

07/05/2018

Durante as últimas dúas semanas de abril, Máis que Auga converteuse nunha máquina de dixerir calorías para os 312 usuarios que finalmente participaron no reto Queimacalorías organizado xunto a Life Fitness.

Contabilizando máis de 3.500.000 calorías consumidas en conxunto, os participantes superaron amplamente o nivel das 5.000 calorías previstas, queimando unha media de 11.428 calorías no prazo fixado para o reto.

Sen embargo no curso do reto, os usuarios máis activos foron os de Coia, que consumiron unha media de 12.479 calorías.

Os participantes repartíronse por centros en relación ao tamaño da instalacións: 120 en Navia, 117 en Barreiro e 75 en Coia. Pero o seu perfil coincidiu tanto en idade como en sexo: usuarios de 35 anos de media e con presenza lixeiramente superior dos homes en relación ás mulleres (165 contra 145).

Tamén neste caso, houbo diferencias: no centro de Barreiro as mulleres superaron aos homes participantes: 65 contra 51.