Os usuarios de Máis que Auga gozarán dunha hora de estancia gratis no parking Avenida de Castelao

02/11/2015

A empresa Máis que Auga e o Parking Avenida de Castelao alcanzaron un acordo de colaboración polo cal os clientes de Máis que Auga Coia poderán gozar dunha hora de estancia gratis no parking Avenida de Castelao, que está situado a escasos 50 metros da instalación deportiva.

 

Este acordo terá vixencia ata finais do presente ano (31 de decembro) e ao termo do mesmo as empresas realizarán un balance e decidirase se continúa a colaboración e en que condicións. O obxectivo do acordo é dar un servizo aos socios e cursillistas de Máis que Auga Coia que, cando acoden no seu vehículo privado, teñen dificultades para aparcar pola zona. Con esta promoción, terán unha hora gratis de aparcadoiro nun parking situado xunto ao centro deportivo.