Os tres centros Máis que Auga únense esta semana para doar sangue

30/05/2016

Máis que Auga fará, por primeira vez, unha doazón conxunta nos seus tres centros de Navia, Coia e Barreiro. O reto é lograr o maior número de doantes e dar unha lección de solidariedade. A iniciativa, que se fixo noutras dúas ocasións anteriores, realizouse en dous centros con notable éxito de participación por parte dos usuarios de Máis que Auga.

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará durante tres días ás portas dos nosos centros. O mércores 1 de xuño, en Máis que Auga Coia, o xoves 2, en Barreiro, e o venres 3 en Navia. Os tres días en horario de 15.30 h a 21.00 horas.

Convidamos a todos os usuarios dos nosos centros a que se animen a doar e a que conviden a persoas da súa contorna para acompañarlles nesta acción solidaria para lograr o maior número de doazóns posible.

Máis que Auga xa vén colaborando co Centro de Transfusión de Galicia desde fai un par de anos. O único requisito necesario é ser maior de idade e, se aínda non es doante, acudir co DNI.  Cada día necesítanse 500 doazóns nos hospitais galegos.