Os soños fan equipo en Máis que Auga

03/10/2018

En Máis que Auga sempre puxemos por diante ao noso equipo técnico. É un factor diferencial dos nosos centros, onde traballan persoas que atenden a persoas. E unha vez máis, o equipo é protagonista coa súa nova iniciativa: crear un grupo de persoas involucradas na superación de retos persoais e deportivos.

I have a dream é a denominación desta comunidade, nacida entre os nosos profesionais coa intención de dar un paso adiante e servir de exemplo para técnicos e clientes proxectando ao exterior o enorme potencial do deporte. O explica un dos seus promotores, Borja Ropero, director do centro Máis que Auga de Navia: “eramos catro ou cinco persoas involucradas deportivamente en probas ou retos propios e agora somos vinte técnicos e técnicas participando no proxecto. Queremos seguir estendendo a idea entre todos e para todos”.

Impulso, superación, exemplo compartido do que o deporte pode facer polas persoas son ideas que comparte tamén David Mosquera Barreiro, responsable comercial en Vigo do Grupo Salco, que patrocina a este grupo. “Representa todos os valores positivos asociados ao deporte e por iso apoiamos a iniciativa”.

Un apoio material que se traduce en visibilidade por ambas partes: os membros de I have a dream locían por primeira vez o novo equipamento patrocinado na proba de tríatlon Desafío Illas Cíes recentemente celebrada na praia do Vao en Vigo.

Neste grupo participa xente como Jana Nogueira, José Álvarez, Pablo Barciela, Natalia da Bourbon e Juan González, todos técnicos ou técnicas de Navia, que partindo de cero puideron participar neste ano en travesías como a de Costa Serena en Nigrán. Ou como Miguel Fernandes, técnico de Coia ou Borja Hernández, de Barreiro, que se atreven co tríatlon e participan tamén este verán nas probas Desafío Illas Estelas en Nigrán ou Illas Cíes de O Vao, en Vigo. Xunto a eles, os xa habituais, Borja Ropero, director de Navia ou Alex Brea, coordinador de Máis que un Plan que desde hai tempo se suman para competir nestas probas.

O seu obxectivo é seguir ampliando esta experiencia aos demais técnicos e técnicas de Máis que Auga e “avanzar, progresar e seguir cumprindo o nosos soños”, como resume Alex Brea, un dos dinamizadores do grupo.