Niños en gimnasios en Vigo

Os nosos ximnasios en Vigo son pioneiros en actividades alternativas para os nenos

19/11/2017

O 20 de novembro é o Día Universal do Neno: a ONU sinala este xornada no calendario para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecios, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciarnos a todos sobre a necesidade e importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Nos  ximnasios en Vigo de Máis que Auga non somos alleos a este reto e, na medida das nosas posibilidades, traballamos e nos esforzamos para que a vida dos teus fillos sexa máis plena e feliz. Está demostrado que a práctica do deporte ou dalgunha actividade física conleva moitos beneficios na vida do neno: non só aumenta a súa capacidade de concentración senon que lles da a posibilidade de aprender e interiorizar valores que os farán persoas máis sanas tanto a nivel físico como psíquico.

O esforzo e a superación de retos, o compañerismo, as relación sociais, a disciplina ou a constancia son só algúns dos valores que o neno aprende mentres practica deporte nos nosos ximnasios en Vigo.

En Máis que Auga temos deseñado un amplo abano de posibilidades para que os nenos podan practicar as actividades que máis lles gustan dende os 6 meses ata os 14 anos.  Ás nosas instalacións de Vigo veñen máis de 5000 nenos.

A escola de actividades acuáticas Máis que Auga  é unha das preferidas polos rapaces: nela aprenden a relacionarse coa auga dende ben pequenos e van perfeccionando o seu nivel de natación. Os nenos tamén gozan nas  nosas  piscinas  de actividades lúdicas  pensadas para que xoguen xuntos pais e fillos, sobre todo os fines de semana.

Os nosos ximnasios en Vigo son  pioneiros en actividades alternativas

Todos os  nosos ximnasios en Vigo son pioneiros en ofrecer prácticas deportivas alternativas ás tradicionais: nas nosas instalacións poden practicar zumba, ioga, wodfit, fitness e pilates. O taekwondo e o padel son deportes aos que tamén teñen acceso os nenos. As actividades están adaptadas ás idades dos alumnos dende unha perspectiva lúdica: trátase de que os nenos fagan deporte pero sobre todo que o pasen ben.

Máis que Auga Barreiro conta cun servizo de xogoteca os martes e xoves pola tarde. Máis que Auga Navia ten un centro de ocio infantil que abre todas as tardes de luns a venres. Os fines de semana está disponible para a celebración de cumpreanos no propio  espacio e na piscina pequena.

Os nenos que teñen o bono familiar de Máis que Auga  van de balde ás clases de zumba, fitness e wodfit. O prezo do bono en Barreiro e Coia é de 41,80 euros mensuais para o titular, cun suplemento 6,10 euros mensuais para o cónxuge ou fillo ata os 14 anos.  En Navia o abono é de 42,75 euros mensuais para o titular e un suplemento de 9,10 euros para o cónxugue ou fillo.

Así que xa o sabes, estamos aquí para axudarte a educar ao teu fillo na felicidade!