O Torneo de Pádel Fundación Celta, en Máis que Auga

O Torneo de Pádel da Fundación Celta se celebra nas pistas e instalacións de Máis que Auga Barreiro e Navia, entre os días 29 de outubro e 7 de novembro.

O torneo, que cumpre a súa terceira edición, celebrarase por vez primeira nos nosos complexos de pádel, onde Máis que Auga conta con 16 pistas e instalacións de alta calidade. O prazo de inscrición no torneo finaliza o próximo luns 26 de outubro e os socios de Máis que Auga, así coma os abonados do Celta e os membros da Fundación, terán desconto no custe da inscrición (18 euros para socios e abonados; e 20 euros para o resto).

Queres participar?