Son instructora de qi gong e tai chi e podes atoparme en Máis que Auga Navia. Levo trinta anos vencellada ao mundo do deporte. Gústame aproveitar a miña experiencia para axudar aos nosos usuarios e usuarias a mellorar a súa saúde e benestar desenvolvendo a flexibilidade do corpo.
Son técnico de actividades acuáticas, de sala fitness e tamén socorrista en Máis que Auga Navia, onde estou comezando a miña carreira profesional. O meu rol como adestrador permíteme axudar á xente a acadar os seus obxectivos e a superar novos retos día a día. Son técnico en animación de actividades físico deportivas e graduado en ciencias da actividade física e do deporte.
Son adestradora de taekwondo nas tres instalacións de Máis que Auga. En 2015 recibín o premio da secretaría xeral do Deporte da Xunta de Galicia á mellor xuíz árbitro de Galicia. Son árbitro internacional de taekwondo e levo máis de 20 anos formando a nenos e nenas neste deporte. A experiencia axúdame a sacar o mellor dos nenos en cada adestramento e facerlles entender o por qué das cousas.
Son técnico de sala e adestrador persoal en Máis que Auga Coia. Considérome un tipo alegre e cercano e creo no deporte como a base de superación persoal. Son técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas e graduado en ciencias da actividade física e o deporte. Tamén teño formación como adestrador profesional de fútbol deporte ao que sigo vinculado.
Traballo como técnico en sala en Máis que Auga Barreiro dende primavera de 2018. Sempre fixen deporte, é algo que me acompaña na vida: desde o surf á escalada. Tamén fun adestradora de ximnasia acrobática a nivel nacional. Gústame o contacto coa natureza e o exercicio en exteriores. Son técnica superior en Actividades físicas e do Deporte e teño experiencia como adestradora persoal e de grupos reducidos.
Son socorrista e técnica de actividades dirixidas e acuáticas nas instalacións de Máis que Auga Coia. Pertenzo a este equipo dende o 2010 e anteriormente traballei en diferentes áreas deportivas e con usuarios con necesidades especiais. O que máis me importa é que a xente goce mentres se esforza en superarse.
Son instructora de zumba e podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Coia. Anteriormente traballei durante sete anos noutros centros deportivos como adestradora de fitness. A experiencia axúdame a optimizar ao máximo o esforzo e traballo dos meus alumnos.
Son técnico de sala e de actividades dirixidas como pilates ou bodycross e podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Coia. Anteriormente fun preparador físico de distintos equipos da cidade. Experiencia que é clave no meu traballo diario para a prevención de lesións entre os nosos usuarios e usuarias. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte e máster en prevención e recuperación de lesións.
Son técnico de sala fitness e adestrador persoal nas instalacións de Máis que Auga Navia. Teño moita experiencia no traballo con adolescentes e no adestramento de crossfit; o deporte de alta intesidade enriquece moito o meu traballo diario. Son técnico especialista en adestramento funcional.
Son técnico de sala fitness e podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Navia, onde cheguei tras adicarme durante moitos anos ao mundo do fútbol. A miña experiencia, tanto no adestramento persoal como de grupo, é o puntal sobre o que sosteño os meus obxectivos profesionais. Son licenciado en actividades físicas e do deporte.
Son técnico de salas fitness e de actividades acuáticas en Máis que Auga Navia. Levo anos adicándome á dinamización deportiva, encántame intentar sacarlle sempre un sorriso aos clientes. Son técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas.
Son técnico en sala fitness e actividades dirixidas. Podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Coia, onde traballo dende hai seis anos. Teño experiencia como adestrador en varias disciplinas deportivas e diferentes idades: fútbol, auga e fitness. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte.
Son técnica de sala en Coia. Traballei nos últimos vinte e cinco anos como monitora e adestradora persoal en centros deportivos de varias localidades de Pontevedra e penso que as claves do meu traballo son a intuición e a perspicacia, xunto ao resto dos sentidos. Son técnica deportiva acreditada pola Federación Española de Taekwondo e árbitro nacional da especialidade. Teño formación como instrutora de distintas especialidades fitness, aerobic, step ou zumba.
Son técnica de sala fitness e de actividades dirixidas e podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Coia, onde traballo dende hai seis anos. Teño unha gran bagaxe como adestradora persoal en diferentes áreas: gap, spining, pilates, ioga, power… Son unha namorada do pilates co que descubrín que non hai límites para mellorar a condición física. Son licenciada en educación física e máster en recuperación do músculo esquelético.
Son técnico de sala fitness e de actividades dirixidas e podes atoparme en Máis que Auga Barreiro. A miña bagaxe como adestrador persoal en diferentes centros deportivos e como preparador físico de fúbtol danme unha visión diferente e creativa para axudar á xente a gozar co esforzo. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte.
Son técnico de sala e adestrador persoal en Máis que Auga Barreiro. Conto con ampla experiencia como adestrador persoal. A experiencia que aporta o contacto directo co cliente é unha formación clave para o noso traballo. Son licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Máster en Márketing e Xestión de Eventos.
Son técnica de actividades dirixidas e podes atoparme nas instalación de Máis que Auga Coia. Levo unha década traballando no mundo do fitness e do adestramento persoal e as técnicas hipopresivas son a miña especialidade. Son licenciada en ciencias da actividade física e o deporte.
Son técnica de actividades dirixidas e podes atoparme en Máis que Auga Barreiro. Anteriormente adiqueime a actividades de cara ao público en diferentes organismos, e aos adestramentos en grupo como step, zumba, power, gap ou pilates. Gústame que a xente aprenda a gozar rendendo ao máximo. Son técnica superior en animación de actividades físicas e deportivas.
Son técnico de sala fitness e podes atoparme en Máis que Auga Barreiro, onde traballo dende hai seis anos. Teño gran experiencia na xestión de centros deportivos e en traballos de forza, tonificación e musculación. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte.
Son técnica de actividades dirixidas como pilates e actividades coreografiadas e podes atoparme en Máis que Auga Navia. A miña paixón polo pilates comezou como clienta, tras o que decidín pasarme ao ‘lado oscuro’ e comezar a ensinar. Son tan esixente conmigo mesma como cos nosos usuarios e usuarias.
Son técnico de sala, actividades dirixidas e auga. Podes atoparme en Máis que Auga Navia, onde estou a comezar a miña carreira profesional. Considérome unha persoa tímida e introvertida, pero cando traballo convértome nunha alguén moi expansivo e dinámico, capaz de conectar intensamente coas persoas. Son técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.