Son técnico de actividades acuáticas e socorrista. Podes atoparme na zona de piscinas e spa de Máis que Auga Barreiro. A miña experiencia no traballo con nenos e en actividades de tempo libre para distintas institucións ensinoume a empatizar cos máis pequenos para que aprendan e se desenvolvan na auga. Son graduado en maxisterio de educación física e técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas.
Son técnico de actividades acuáticas e socorrista nas instalacións de Máis que Auga Coia dende hai seis anos. A miña experiencia en labores de salvamento e vixilancia permítenme transmitir seguridade e confianza aos nosos usuarios e usuarias. Son técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas.
Son técnica de actividades acuáticas e socorrista. Podes atoparme en Máis que Auga Barreiro, onde traballo dende hai seis anos. Teño experiencia en xeriátricos e empresas de xestión deportiva. A miña vocación cando traballo con nenos e adultos é conseguir que gocen ao máximo na auga. Son técnica superior en animación de actividades físicas e deportivas.
Son técnico de auga en Barreiro e Navia. Anteriormente traballei como monitor de esquí en Huesca e Lleida. O que intento transmitir sempre aos usuarios é a sensación de que están na súa casa, que se sintan sobre todo cómodos para conseguir o que buscan. Teño formación como técnico en Actividades Físicas e Deportivas e como socorrista.
Son técnica de actividades acuáticas e socorrista e podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Navia. Levo once anos traballando con nenos como monitora de natación e en campamentos infantís e xuvenís. Dende 2013 pertenzo ao equipo de Máis que Auga, onde intento transmitirlle a paixón pola auga aos máis pequenos. Son técnica superior en animación de actividades físicas e deportivas.
Son técnico de auga e sala en Máis que Auga Barreiro, onde cheguei tras traballar noutros centros deportivos e nun centro para persoas con discapacidade. Sinto auténtica paixón polo deporte, sobre todo o de acción. Practico BTT e crossfit. Son graduado en actividades físicas e deportivas e teño experiencia co método Les Mills.
Son técnica de actividades acuáticas e socorrista nas instalacións de Máis que Auga Barreiro. A auga é o meu medio, o que me fai máis feliz. Antes de Máis que Auga adiquei dez anos a adestrar en clubes de natación. O meu traballo con nenos e adultos combina a diversión coa eficacia.
Son técnico de sala e auga en Máis que Auga Navia dende 2016. Creo que o mellor do deporte é que axuda a mellorar a vida e a saúde das persoas, e ademais axuda a divertirse. Son técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Teño formación especializada no medio acuático. Son socorrista e adestrador persoal.
Son técnico de sala e piscina en Máis que Auga Barreiro. O que máis me gusta é impulsar aos clientes a vivir unha experiencia deportiva que poidan desfrutar. Son técnico Superior de Actividades Físicas e Deportivas, graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Máster en Preparación Física e Fútbol.
Son técnica de actividades acuáticas e socorrista nas instalacións de Máis que Auga Navia, onde levo traballando catro anos. A miña experiencia profesional estivo sempre vencellada á auga. Para min o deporte é un xogo, unha diversión. Son técnica superior en animación de actividades físicas e deportivas.
Son técnico de auga en Coia dende 2017. Antes traballei varios anos en piscinas municipais e praias e tamén nun centro para discapacitados. Para min o deporte é un modo de vida e cada día tento trasladar aos demais esa paixón. Son técnico de animación de Actividades Físicas e Deportivas e titulado na condución de actividades deportivas no medio natural.
Son técnico de actividades acuáticas e podes atoparme en Máis que Auga Coia, onde traballo dende hai catro anos. Levo máis de dez anos traballando como socorrista e monitor en centros deportivos, praias e piscinas. A miña paixón é ver desfrutar aos máis pequenos na auga. Teño formación como monitor de natación.
Son monitor de actividades acuáticas en Máis que Auga Coia, onde traballo dende hai catro anos. Anteriormente traballei en diversos centros deportivos e educativos da cidade. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte, diplomado en maxisterio e máster en educación e deporte.
Son técnico de actividades acuáticas e podes atoparme en Máis que Auga Barreiro. A miña experiencia traballando con persoas que tiveron algún tipo de patoloxía, adaptando a súa volta á actividade, é un valor engadido para o meu labor cotián. Son graduado en ciencias da actividade física e dos deportes.
Son socorrista, técnica de actividades acuáticas e adestradora persoal en Máis que Auga Navia. Incorporeime ao equipo de Máis que Auga hai cinco anos no centro de Barreiro. A miña experiencia como adestradora ensinoume que a motivación é a base de todo. Para acadar metas nunca debes desviarte dos teus obxectivos. Encántame o que fago e é contaxioso.
Son técnico de auga e podes atoparme en Máis que Auga Barreiro. Gozo especialmente do traballo cos nenos e das clases de aquagym. Ver a progresión dun bebé que nun ano chega a desenvolverse na auga é moi satisfactorio. Son técnico superior de Actividades Físicas e Deportivas.
Son técnica de auga en Máis que Auga Barreiro. Teño experiencia no ámbito do teatro e do baile. Gústame axudar a que nenos e maiores collan máis confianza na auga, pero sendo sempre conscientes do perigos. Son técnica superior en Actividades Físicas e do Deporte, monitora de tempo libre e monitora de natación certificada pola Federación Española.
Son socorrista e técnico de actividades acuáticas e dirixidas. Podes atoparme en Máis que Auga Barreiro. Levo máis dunha década traballando con nenos en instalacións deportivas municipais e centros escolares: estou sempre alerta e teño desenvolvido un gran sentido da responsabilidade. Son licenciado en ciencias da actividade física e do deporte e máster en dirección de organizacións deportivas.
Son técnico de auga en Máis que Auga Barreiro. Gozo moito de traballar na auga con bebés e con persoas discapacitadas. Ver os seus avances cámbiate a perspectiva e comezas a valorar cousas as que antes non lle prestabas atención. Son técnico superior de Actividades Físicas e Deportivas e monitor de natación certificado pola Federación Española.
Son técnica de auga e podes atoparme nos centros de Máis que Auga Barreiro. Traballo con nenos e adultos na auga. Os máis pequenos aportánme enerxía e os adultos a satisfacción de ver como alguén consegue flotar e meter a cabeza na auga sen medo. Son técnico superior de Actividades Físicas e Deportivas, monitora de natación certificada pola Federación Española e adestradora persoal.
Son socorrista, técnica de actividades acuáticas e de sala fitness en Máis que Auga Coia, onde traballo dende hai seis anos. Ademais son a responsable do grupo de travesías do centro. Teño experiencia como animadora sociocultural con nenos e son moi esixente: non paro ata sacar o mellor de ti. Son licenciada en ciencias da actividade física e o deporte.
Son técnica de auga en Máis que Auga Coia. Levo máis dunha década traballando como socorrista e monitora. As claves para traballar na auga son a atención permanente, o contacto e empatizar para xerar confianza. Son técnico superior de Actividades Físicas e Deportivas e socorrista.
Son técnica de actividades acuáticas e dirixidas. Podes atoparme en Máis que Auga Barreiro, onde traballo dende hai tres anos. Teño experiencia como adestradora persoal e monitora en diferentes centros deportivos e fun nadadora profesional. Son licenciada en ciencias da actividade física e o deporte e fixen diversos cursos de pilates e hipopresivos.
Son técnico de actividades acuáticas e socorrista e podes atoparme en Máis que Auga Navia, onde estou a comezar a miña carreira profesional. Son un apaixoado de todos os deportes que teñen que ver coa auga, por iso o meu traballo é a miña debilidade. Son graduado en ciencias da actividade física e o deporte.
Son técnico de auga e traballo en Máis que Auga Coia dende 2017. Gústame o contacto coa xente e ver que o que ensinas dá o seus froitos. O que máis me desfruto é traballar cos rapaces, e intentar conseguir progresos a través de xogos. Son técnica superior en Actividades Fisicas e Deportivas e socorrista. Tamén son técnica de comercio.
Son técnica de actividades acuáticas e socorrista nas instalacións de Máis que Auga Coia, onde traballo dende hai tres anos. Teño unha experiencia moi sólida traballando con nenos en piscina e no ámbito do ocio e a saúde para adultos. O máis importante no deporte é a actitude, o esforzo e un gran sorriso. Son licenciada en ciencias da actividade física e do deporte.
Son técnica de actividades acuáticas e socorrista e podes atoparme en Máis que Auga Barreiro, onde traballo dende a súa apertura. Teño experiencia en piscinas municipais e na xestión de actividades deportivas. O meu forte son as clases de natación con bebés: observar as súas primeiras experiencias co medio é algo fascinante. Son técnica superior en actividades físicas e deportivas.
Son técnica en actividades acuáticas e podes atoparme en Máis que Auga Navia. A experiencia é a miña mellor aliada, pois levo anos impartindo actividades dirixidas e coreografiadas. Cada día desenvolvo ao máximo as miñas potencialidades no traballo con nenos e adultos: nunca dou menos do que son quen de dar. Son licenciada en ciencias da actividade física e o deporte.
Son socorrista e técnico de actividades acuáticas e dirixidas nas instalación de Máis que Auga Coia dende a súa apertura. Teño experiencia en motivar á xente para conseguir os seus obxectivos implicándome ao máximo no seu adestramento. Son técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas e monitor de ciclo indoor e running.
Son técnica de actividades acuáticas nas instalacións de Máis que Auga Navia, onde cheguei tras traballar en piscinas municipais. Son técnica superior en actividades físicas e deportivas.
Son técnico de actividades acuáticas e actividades dirixidas nas instalacións de Máis que Auga Coia, onde traballo dende hai dous anos. A miña especialidade é o adestramento en ciclo indoor e adestramento en suspensión. A constancia e a superación persoal son os criterios que rixen o meu traballo. Son titulado en actividades físicas e deportivas, en pilates, ciclo indoor e adestramento en suspensión.
Son técnico de sala, actividades dirixidas e auga. Podes atoparme en Máis que Auga Navia, onde estou a comezar a miña carreira profesional. Considérome unha persoa tímida e introvertida, pero cando traballo convértome nunha alguén moi expansivo e dinámico, capaz de conectar intensamente coas persoas. Son técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.