O teu equipo, o noso impulso

25/05/2017

Máis que Auga preséntache ao mellor plantel de especialistas en deporte

Hoxe é un día moi importante para Máis que Auga: abrimos unha nova fiestra para que nos coñezas mellor. Queremos que saibas algo máis do teu equipo, dos 120 profesionais que te reciben cando chegas aos nosos centros. É o impulso dos que te saúdan, os que resolven as túas dúbidas, os que te sorrín, os que te fan suar, os que te corrixen e os que te axudan a que consigas vencer as túas barreiras e superar os teus retos.

O novo espazo web é o xeito que temos de coñecernos mellor, de formar parte do teu equipo. Dende hoxe podes coñecer máis cousas de todos os técnicos, adestradores, profesionais de mantenemento, de atención ao cliente, responsables de centros e actividades. Tras cada  rostro hai formación, experiencia e por suposto unha persoa. Coñece máis do teu equipo premando aquí ou accedendo dende o menú principal:

Máis que Auga conta co equipo deportivo máis amplo e máis profesional de toda Galicia: a súa formación e experiencia avalan o traballo que desenvolven a diario nas intalacións de Barreiro, Coia e Navia. A súa cualificación profesional e a súa calidade humana son indiscutibles. De feito nunha enquisa feita para coñecer cómo nos valorávades o 65 por cento de vós respondíchedes que a atención é boa e moi boa. E eso llo debemos a eles.

En Máis que Auga , unha empresa de capital cen por cen vigués, somos persoas que atendemos a persoas. De Vigo para Vigo . Eles, o teu equipo son a nosa mellor marca. Grazas por confiar en nós!