Son xefe de mantemento nas tres instalacións de Máis que Auga. Teño 20 anos de experiencia en mantemento, instalacións de climatización, fontanería, electricidade e depuración de piscinas. Son técnico superior especialista en instalación térmicas.
Son técnico de mantemento nas instalacións de Máis que Auga. Intento que todo funcione sempre á perfección e que o meu labor pase desapercibido. Son técnico en electricidade.
Son técnico de mantemento nas instalacións de Máis que Auga Barreiro. Anteriormente traballei no mantemento de hospitais, onde me especialicei como xestor de residuos. Son especialista en grupos eléctricos e técnico superior en electricidade e electrónica.
Son técnico de mantemento nas instalación de Máis que Auga Coia, onde traballo dende 2014. Teño formación profesional de ciclo superior e medio en mantemento electrónico e máquinas ferramenta. Son afeccionado á halterofilia, deporte no que cheguei a ser campión galego.